Adobe PageMaker

Aldus PageMaker ou Adobe PageMaker, marcou un fito na historia dos programas de desktop publishing en combinación coa linguaxe de descrición de páxina PostScript, o ordenador Apple MacIntosh e a impresora láser. Permitían simular a un prezo moito menos que as estacións de traballo de fotocomposición o resultado das filmadoras, grazas á linguaxe común, o Postscript.

Ata mediados da década de 1990, dominou o mercado no campo da produción gráfica, de material publicitario e xornalístico. En virtude dese éxito, a empresa foi adquirida por Adobe. O programa foi descatalogado, sendo substituído por Adobe InDesign.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search